anagrama_xuntaA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, obedecendo a criterios de carácter acientífico e con aparentes motivacións políticas, está a negar á nosa Escola Superior a aplicación do contido da LOE, da LOU e da futura LOMCE, actuando contra as leis do Estado, contra o proceso de adaptación ao Espazo Europeu de Ensino Superior iniciado pola propia Consellería nos últimos anos e contra as súas propias declaracións en sede parlamentar.

Esta falta de respecto ás leis vixentes e aos propios compromisos contraídos na cámara galega manifestouse por escrito nunha nota de imprensa do pasado 03/01/2013 na cal se insulta a todo o alumnado de ensinanzas artísticas superiores do noso país, posto que atribúe as mobilizacións pola adscrición universitaria a intereses persoais dos directores dos centros. Os estudantes de Conservación e Restauración de Bens Culturais temos unha resposta firme ao noso goberno que nos desprotexe:

  • Imos loitar ata o fin pola consecución do que é legal e é xusto.
  • Apoiamos o profesorado pois queremos gozar dunha educación do máximo nivel.
  • Rexeitamos os burdos ataques persoais aos que a estrutura administrativa galega quere someter a traballadores públicos.
  • Non imos defraudar todas as promocións de alumnos que nos precederon e que dende os anos 90 protestaron contra a deposición da nosa carreira nun ilóxico limbo educativo.
  • Queremos que se recoñeza á nosa profesión o prestixio que leva cultivando dende hai séculos como garante da protección do patrimonio mundial.
  • Esiximos a adscripción á Universidade. Xa!
  • Para conseguir todo isto non aforraremos en manifestacións, protestas online, aparicións nos medios de comunicación, manifestos de profesionais, docentes e alumnos, información a pé de rúa do ataque que estamos a recibir por parte da Xunta e campañas de sinaturas.

    Ides sentir o alento do estudantado na vosa caluga, o alento do pobo. Detrás de nós hai pais, irmáns, parellas, fillos, cidadáns molestos e enganados. Traizoástesnos.

    Asina: Asemblea de Estudantes de Escola Superior de Conservación.

    Anexos:

    Comunicado ofensivo do Noso Goberno atacando as ensinanzas artísticas superiores: http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/5385/xunta-cre-que-directores-centros-ensino-superior-artistico-confunden-sociedade

    Nova na imprensa: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2013/02/14/malestar-tras-criticar-xunta-directores-centros-artisticos/0003_201302P14C3991.htm

    Entrevista ao director da ESCRBCG: http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2013/02/21/fernando-carrera-competencia-universidad-dura-ano-ano-resta-alumnado/761376.html

    Proposta de Acordo do Consello Escolar: https://estudantesconservacion.files.wordpress.com/2013/02/proposta-de-acordo.doc (nova relacionada: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2013/02/17/restauracion-carga-contra-xunta-criticar-director/0003_201302P17C10991.htm)

    Petición online ao Conselleiro de Cultura. Asina aquí
    : http://www.change.org/petitions/integraci%C3%B3n-das-ensinanzas-art%C3%ADsticas-superiores-na-universidade-galega?fb_action_ids=465731456822117

    Advertisements