Cartaz_DefrauGradosUnha marcha imparable comezará o 08/10/2013 na porta da ESCRBCG. A reclamación do alumnado de Conservación de solucionar a inxustiza orixinada en xaneiro de 2012 (e alimentada pola Xunta de Galicia), materializarase no Camiño de Santiago.

Ao longo de tres xornadas, camiñaremos difundindo a nosa profesión por cada parroquia e vila do itinerario.

Informaremos á sociedade galega dos perigos que supón para a Conservación a desregulación profesional, alén do agravio comparativo coas universidades que xa están prontas para titular a primeira promoción de Grao en Conservación e restauración, coa cal competiremos en clara desigualdade.

O colofón será a chegada á capital do país, onde solicitaremos reunirnos co Conselleiro de Educación e pediremos amparo ao Valedor do Pobo. Esperamos recibir o apoio de compañeiros de carreiras universitarias e tamén dos grupos parlamentarios galegos.

#DefrauGrados ao #CaminhoDeSantiago!!

Programa_Caminho
Programa de actividades da marcha a Compostela.

Programa completo (PDF)

Tweet_Caminho
Mensaxe que anunciou a viaxe pedestre do estudantado.

Cartaz_DefrauGrados
Cartaz oficial.

Advertisements