BJqYeRsHaIfQeOX-556x313-croppedAsinar en change.org

Dna. Pilar Rojo,

Os que subscriben a presente, diante do proceso de retroceso que están a padecer as ensinanzas artísticas superiores a causa do tratamento “especial” que veñen sufrindo ao longo da súa historia, e coa finalidade de facilitar a súa converxencia real no Espazo Europeo de Educación Superior e a súa incorporación ao Sistema Español de Ciencia e Tecnoloxía, tal e como establece a lexislación vixente, RECLAMAN das administracións públicas con competencias e responsabilidades en educación, a publicación dunha norma que con carácter xeral estableza os criterios para a adscrición dos centros superiores de ensinanzas artísticas á universidade e que permita que nun período razoable de tempo eses centros se poidan integrar plenamente no sistema universitario, mantendo en todo caso as súas singularidades como ensinanzas artísticas. Para iso entendemos que a dita norma debe contemplar: 1. O procedemento para que os centros certifiquen as actuais titulacións como graos a través da universidade á que se adscriban, de xeito que o alumnado que iniciou os seus estudos no curso 2010-2011, e o que se matriculou en cursos posteriores, obteña unha titulación universitaria de Grao. 2. O procedemento para que os centros poidan presentar, a través da universidade á que estean adscritos, estudos de posgrao, incluíndo máster universitario e doutorado, nas especialidades propias. 3. O recoñecemento do alumnado dos centros superiores de ensinanzas artísticas como alumnado universitario, a todos os efectos. 4. A posta en marcha dun plan de promoción da investigación nos centros superiores de ensinanzas artísticas, que permita así o desenvolvemento da carreira investigadora das graduadas e graduados. 5. A posta en marcha dun plan de financiamento que permita a mellora de instalacións, equipamentos e infraestruturas dos centros superiores de ensinanzas artísticas, e a provisión dos recursos humanos necesarios.

Advertisements