ASEMBLEA-FBEste sitio web creouse para informar sobre a actualidade do Grao en Conservación. Comezamos a publicar páxinas monográficas e co paso do tempo desenvolvemos tamén esta sección, que transmite unha visión máis ampla sobre o estudantado. Paralelamente, e dende o principio, esforzámonos por lle dar á Asemblea presenza nas redes sociais.

Tedes ao voso dispor un perfil na rede social Twitter e unha páxina no Facebook. Ao principio só pensábamos que serían vehículos para transmitir as novas máis inmediatas, mais hoxe podemos afirmar que constitúen un punto de encontro permanente (seguro que mellorable) entre os alumnos e os ax-alumnos da nosa Escola.

Comprobar que existe un nexo entre as diversas promocións é algo que non imaxinábamos hai tres anos e cáusanos moita satisfacción. Queremos que isto fique claro: sexas novo ou leves anos sen pisar Pontevedra, ti tamén fas parte da Asemblea. 😉

Advertisements