P1070017aMANIFESTO DOS #DefrauGrados

REDACTADO NA ESCOLA SUPERIOR DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS DE GALICIA, PARA RECLAMAR UN ESTATUS UNIVERSITARIO PARA A TITULACIÓN DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS

Ley Orgánica 6/2001, de 21 de diciembre, de Universidades.

Artículo 11.1. “La adscripción mediante convenio a una universidad pública de centros docentes de titularidad pública o privada para impartir estudios conducentes a la obtención de títulos de carácter oficial y validez en todo el territorio nacional requerirá la aprobación de la Comunidad Autónoma, a propuesta del Consejo de Gobierno de la universidad, previo informe favorable de su Consejo Social. La adscripción mediante convenio a una universidad privada de centros docentes de titularidad privada para impartir estudios conducentes a la obtención de títulos de carácter oficial y validez en todo el territorio nacional requerirá la aprobación de la Comunidad Autónoma, a propuesta de la universidad.

”Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación.

Art. 58.4. “Las Comunidades Autónomas y las universidades de sus respectivos ámbitos territoriales podrán convenir fórmulas de colaboración para los estudios de enseñanzas artísticas superiores regulados en esta Ley.

”Disposición Adicional 22: “En el supuesto de que en el proceso de ordenación de la enseñanza universitaria se definieran en el futuro títulos que correspondan a estudios regulados en la presente Ley, el Gobierno, previa consulta a las Comunidades Autónomas, podrá establecer el oportuno proceso de transformación de tales estudios

”Programa de Gobierno del Partido Popular, 2008.

“Posibilitaremos la incorporación de las enseñanzas artísticas superiores a la universidad, de acuerdo con el marco del Espacio Europeo de Enseñanza Superior”.

Borrador de la LOMCE.

Cuarenta y tres. 7. “Las Administraciones educativas podrán adscribir centros de Enseñanzas Artísticas Superiores mediante convenio a las Universidades, según lo indicado en el artículo 11 de la Ley Orgánica 6/2001, de 21 de diciembre, de Universidades”.

Montserrat Gomendio, Secretaria de Estado de Educación en Octubre de 2012.

“… y si bien la mayor parte de los consejeros se manifiestan por la no integración en la universidad, hemos recibido más de 10.000 correos electrónicos de ciudadanos que sí la reclaman, por lo que el Ministerio estudiará la oportunidad de practicar esta integración, teniendo en cuenta que el ordenamiento jurídico actual permite la integración voluntaria. Ruega a todos los consejeros que envíen sus aportaciones y manifiesta su disposición para el diálogo.

”Nas citas que encabezan este manifiesto queda claro que a posibilidade de adscribir centros públicos de Ensinanzas Artísticas Superiores está recollida na norma xurídica vixente e que o proxecto da LOMCE non fai senón reafirmar esa posibilidade. A adscrición ou integración constituía, ademais, unha promesa inscrita no programa electoral do PP no ano 2008.

Pese ós cantos de serea entonados na promulgación da LOE, o esquema desenvolvido para as ensinanzas artísticas superiores fracasou, agora xa definitivamente. Nin se acadou a titulación de grao nin se desenvolveron os ofrecementos que contiña dita lei: autonomía, investigación, cooperación con universidades, etc. É máis: estas promesas incumplidas non eran senón unha mera redundancia das xa esbozadas na LOGSE (promulgada no xa lonxano 1990).

Coa LOE, ó alumnado aseguróuselle que a consecución da titulación de grao o convertía en membro de pleno dereito do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), ignorando que a carencia do doutoramento, a falla de acreditación externa e a falla de procedementos de control de calidade nos deixaba fóra del, expoñendo ós titulados a notables incertidumes na súa mobilidade laboral internacional.

A fin do proceso foi a perda da denominación de grao e a súa substitución polo “título superior equivalente a tódolos efectos”, un golpe que foi vendido por algúns como unha cuestión meramente “nominal”. Non o era e non o é. Non imos deixarnos enganar unha vez máis.

As conservadoras-restauradoras e os conservadores-restauradores temos sufrido, quizais máis que ninguén, esta desastrosa organización das Ensinanzas Artísticas Superiores. Ademais dos agravios que, como alumnos non universitarios, compartimos con músicos e outras disciplinas, sufrimos asimesmo a competencia de unha universidade omnipotente que expide títulos de Conservación-Restauración dende hai máis de 25 anos. Estas titulaciones reconvertéronse agora en graos universitarios, pertenecendo con toda lexitimidade ó EEES: alomenos seis universidades españolas expiden hoxe títulos de “grao universitario en conservación restauración de bens culturais”, deixándonos ós titulados polas Escolas Superiores nunha indesexada incertidume que non estamos dispostos a aceptar.

As consecuencias desta organización bicéfala foron demoledoras para toda a profesión, pero especialmente degradantes para os titulados nas Escolas Superiores, frecuentemente perxudicados polas nosas titulacións “equivalentes” (ou debemos dicir “inferiores”?). Defendemos a valía e a capacidade das Escolas Superiores de Conservación para implantar e expedir títulos realmente superiores, que non expoñan ó alumnado á discutible lexitimidade das “equivalencias”.

Desexamos ter os dereitos e obligacións, o estatus e os servizos, e por suposto as titulacións da Universidade. Para iso propoñemos unha adscrición da ESCRBCG á Universidade de Vigo. Este proceso podería culminar no futuro nunha definitiva integración universitaria, algo que polo momento, por cautela, non propoñemos.

Desde que se coñeceron, en marzo de 2012, as sentenzas do Tribunal Supremo en contra da nosa titulación de grao, a ESCRBCG desenvolveu unha activa mobilización para promover a solución universitaria. Se ben o Ministerio xa prestou oído á nosa voz, a Consellería de Educación amosou e segue a amosar unha oposición moi firme ás nosas propostas. Ofrécennos argumentos contradictorios e, sobre todo, se evidencia un enorme descoñecemento da nosa historia, dos nosos esforzos, da nosa situación desesperada. Para a nosa desgraza, a solución está en mans dun conselleiro que non só ignora tercamente a nosa petición senón que, ademais, non se digna a recibirnos.

De forma cabal e responsable, alumnado e equipo directivo da escola levamos cerca de ano e medio reclamando unha reunión co Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia. A resposta non foi outra que un despreciativo silencio. Mentres tanto, vaise achegando o momento de ofrecer unha titulación á primera promoción do plan de estudios da LOE (o extinto “grao”, o “título superior equivalente” ou o que sexa, porque o certo é que a día de hoxe nin sequera se sabe como se vai a chamar). Isto significa que, para esa primeira promoción, o tempo é chegado de recibir unha resposta e unha solución. Agora é xa unha cuestión de urxencia.Tras intentar o diálogo unha e outra vez, chega o momento de dicir BASTA. Sentímonos ignorados, feridos, acurralados. Estamos profundamente #DefrauGrados. É por iso que estamos dispostos a abordar agora, con enerxía e paciencia, un proceso de litixio que haberá de concluir unicamente coa consecución de algo moi simple: un título recoñecible para o alumnado, que lle capacite para exercer a súa profesión en igualdade de oportunidades e adaptado de verdade ó Espazo Europeo de Educación Superior.

O Consello Escolar, a Asamblea de alumnas e alumnos, o Claustro de profesoras e profesores: a totalidade da Comunidade Escolar amosa un pleno acordo con estes obxectivos. Os medios irémolos definindo entre todos.

Discutido e redactado por alumnos e profesores da ESCRBCG, durante o encerro do día 25 de Setembro de 2013