Esta asemblea subscribe o manifesto da Plataforma pola Integración das Ensinanzas Artísticas Superiores no Sistema Universitario, que publicamos a seguir.

Temos coñecido recentemente as sentenzas do Tribunal Supremo procedentes dos recursos contencioso-administrativos interpostos por catro universidades españolas contra o ordenamento das ensinanzas artísticas superiores estabelecido no Real Decreto 1614/2009, do 23 de outubro. Estas sentenzas sitúan as Administracións ante a necesidade de dar unha resposta urxente, rigorosa e precisa a un conflito que veñen padecendo estas ensinanzas dende moito tempo atrás.

Consideramos unha esixencia irrenunciable a aceptación da condición das ensinanzas artísticas superiores como estudos de Grao e Pos-graduación, en igualdade real coas titulacións universitarias. Cualquera paso atrás neste senso supón un desvalor e unha deterioración destas ensinanzas, que resultan inaceptables tanto para o alumnado que está a cursar nestes momentos os estudos correspondentes aos títulos de Grao anulados polo Tribunal Supremo, como para o colectivo de docentes que veñen demostrando o seu compromiso co proceso de converxencia destas ensinanzas no Espazo Europeu da Educación Superior.

Cremos que chegou o momento de defender o noso dereito a unha igualdade de trato en materia educativa e, tendo en conta o contido e consecuencias xurídicas destas sentenzas anulatorias, reivindicamos a nosa incorporación ao sistema universitario, e o acceso ás vantaxes e desafíos que disto se derivan: a acreditación da garantía de calidade destes estudos por parte da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA), o incentivo e o desenvolvimento da investigación no ámbito artístico, ea autonomía universitaria como dereito fundamental estabelecido na Constitución, cuxo contido esencial deberá ser compartido por todas as institucións españolas que imparten educación superior, para que o valor superior de igualdade propugnado na mesma sexa unha realidade.

En consecuencia, apostamos pola integración plena e definitiva das ensinanzas artísticas superiores no sistema universitario español, e polo recoñecimento dos títulos das ensinanzas artísticas superiores como Graos Universitarios. Defendemos que este proceso debe ser feito atendendo as particularidades propias destas ensinanzas e das súas necesidades específicas, mais sempre en vista á súa normalización dentro do sistema educativo xeral, sen reximes especiais.

Instamos as Administracións a iniciaren canto antes os pasos para desenvolver un proceso de integración no que se atenda tanto estas particularidades como os lexítimos intereses de todos os miembros das comunidades educativas. Este desenvolvimento deberá ser realizado con claridade e determinación, contando necesariamente coa participación efectiva de profesores e alumnos, dos axentes sociais e dos profesionais relacionados coas ensinanzas artísticas superiores.

(Tradución do orixinal en lingua castellana).

Advertisements