MANIFESTO PECHARTE

Os estudantes de Belas Artes e de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Pontevedra decidimos conformar unha asemblea co fin de informarnos das reformas da nova lei (LOMCE) e poder facerlle fronte as mesmas.

As reformas golpéannos de maneira moi directa, comezando polo recorte dos orzamentos de Educación, o que quere dicir: menos cartos para profesorado, menos cartos para recursos, materiais e infraestruturas, menos cartos para becas, e unha suba das taxas de matricula que compensen os recortes do goberno. Consecuencias?

• Despido de profesores (e no caso de belas Artes en Pontevedra, tamén dos modelos).
• Menor inversión en investigación.
• Máis dificultades para conseguir unha beca,que xa non dependerá só de criterios económicos, senón tamén de criterios académicos, de maneira que teñamos que rozala “excelencia” para poder acadala.
• Imposibilidade de matricularse no seguinte curso académico (pensemos que os compañeiros de Belas Artes chegan a pagar máis de 1000 € de matrícula).

Por outra banda, tamén queremos reivindicar a situación das Ensinanzas Artísticas Superiores. No ano 2010, toda unha promoción de rapaces matriculáronse nun grao, xa fora de Deseño, Danza, Música, Conservación e Restauración, ou Arte Dramático. Dous anos despois publicouse unha resolución do Tribunal Supremo que nos quitaba o título de grao, deixándonos literalmente co cu ao aire. Ante esta situación, nós reclamamos non só que nos devolvan a titulación na que nos matriculamos, senón que pasemos a formar parte do sistema universitario, recoñecéndose así o valor dos nosos estudos; e teñamos as mesmas condicións que os compañeiros universitarios (que aínda que van perdendo privilexios seguen tendo máis ca nós).

Polo tanto, querido Goberno, opoñémonos claramente a toda a reforma educativa que se está levando a cabo, dende a Educación Primaria ata a Educación Superior. NON QUEREMOS QUE SE PRIVATICE A EDUCACIÓN PÚBLICA, O QUE QUEREMOS E ESTUDAR!

Pontevedra, 16 de outubro de 2012.

Toda a información previa: https://estudantesconservacion.wordpress.com/2012/10/16/pecharte_ponte/

Vídeo da apertura de portas: https://estudantesconservacion.wordpress.com/2012/10/18/video-da-apertura-das-portas/

Imaxes do evento: http://www.facebook.com/media/set/?set=a.493738333978591.113976.493179764034448&type=1

Advertisements