Os alumnos da ESCRBCG, reunidos en asemblea, esiximos a mellora da nosa situación e a incorporación inmediata ao sistema universitario.
Durante os últimos meses, ante o clima de incerteza suscitado pola Sentenza do Tribunal Supremo que afecta ás EAS, téñense discutido, tanto nos círculos de profesores como de alumnos, os posibles camiños para adaptar a nosa titulación ao novo marco legal.
O 20 de Setembro de 2012, unha reunión celebrada en Madrid congregou as dúas posturas enfrontadas na comunidade académica ao redor desta cuestión. A perspectiva dos estudantes galegos de Conservación foi defendida pola Plataforma pola Integración das EAS no Sistema Universitario. O Ministerio presentou unha proposta de Anteproxecto de Lei que nos mantería baixo a denominación “Título Superior”.
Con data 1 de Outubro de 2012, as opcións que se barallaban eran:
Recurrir a Lei: Esta opción ficou descartada;
Respectar a Lei:
- Pactando a nivel estatal: requería o consentimento do Ministerio de Educación da incorporación das ensinanzas artísticas superiores ao sistema universitario (o que implicaría a incorporación das escolas nas que se imparten ditos estudos); ou ben:
- Optando por unha solución galega: incorporación da Escola de Conservación e Restauración de Pontevedra á Universidade baixo consentimento da Xunta de Galicia (neste caso, a incorporación de cada escola sería individual).
Estas dúbidas ficaron resoltas no borrador da nova lei LOMCE, que recoñece o título de Grao ás EAS, así como permite ás escolas superiores que así o desexen, entre as cales a Escola Superior de Conservación, levar á práctica esta vella reclamación. Toca á Xunta de Galicia pór en marcha o proceso de incorporación na Universidade.
0 Comments