Campaña “Á Universidade Xa!”

This slideshow requires JavaScript.


Durante a segunda parte do curso 2013-2014 recibimos fotografías e mensaxes de apoio de procedencias diversas: de moitos puntos do país e tamén de Cantabria, León, Castela, Portugal, Inglaterra, Alemaña e Polonia. Se ti tamén quitaches fotos co letreiro dos #DefrauGrados e queres que aparezan nesta galería, podes contactar connosco.

Camiño dos “#DefrauGrados”

This slideshow requires JavaScript.


Entre o 8 e o 11 de outubro de 2013, unha multitude de estudantes da ESCRBCG camiñou entre Pontevedra e Compostela cos obxectivos de obter unha reunión co Conselleiro de Educación e Cultura e de facer pública a nivel galego a inxustiza cometida coa aplicación da sentenza do Tribunal Supremo que nos retiraba o Grao. Dúas promocións xa tíñamos comezado os estudos baixo esa fórmula e consideramos que o que se tiña feito era unha fraude a toda a comunidade educativa, mais o goberno da Xunta de Galicia negábase a solucionalo. Á nosa chegada, reunímonos con todos os grupos do Parlamento de Galicia e elevamos a nosa queixa ao Valedor do Pobo.