ASEMBLEA-FBEste sitio web creouse para informar sobre a actualidade do Grao en Conservación. Comezamos a publicar páxinas monográficas e co paso do tempo desenvolvemos tamén esta sección, que transmite unha visión máis ampla sobre o estudantado. Paralelamente, e dende o principio, esforzámonos por lle dar á Asemblea presenza nas redes sociais.

Tedes ao voso dispor un perfil na rede social Twitter e unha páxina no Facebook. Ao principio só pensábamos que serían vehículos para transmitir as novas máis inmediatas, mais hoxe podemos afirmar que constitúen un punto de encontro permanente (seguro que mellorable) entre os alumnos e os ax-alumnos da nosa Escola.

Comprobar que existe un nexo entre as diversas promocións é algo que non imaxinábamos hai tres anos e cáusanos moita satisfacción. Queremos que isto fique claro: sexas novo ou leves anos sen pisar Pontevedra, ti tamén fas parte da Asemblea. 😉

newsletterExposición Orixinal ou copia? As reproducións na conservación do patrimonio
Sala de exposicións da Escola de Conservación, Pontevedra
Do 19 de novembro ao 19 de decembro de 2014
Descarregar folleto (PDF)

encontros4galIV Encontro de Conservación e Restauración
Moldes, réplicas e patrimonio
Do 19 ao 21 de novembro de 2014
Sexto Edificio do Museo de Pontevedra

Descarregar programa (PDF)

IMG_20140925_134720925Velaquí o primeiro “posado” dos compañeiros da promoción 2014-(2018), nunha foto do 25 de setembro. Benvidos! Ler o resto desta entrada »

issga-logoCurso de prevención de riscos laborais na conservación de bens culturais
Imparte: Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.
Luns 29/09/2014 ás 10:00 horas.
Salón de actos da Facultade de Belas Artes.

OLYMPUS DIGITAL CAMERANa mañá do 19/06/2014, os membros da Plataforma galega pola integración das EAS na universidade, apoiados polos sindicatos e por todos os partidos políticos agás o do goberno, deron unha rolda de prensa no Parlamento de Galicia.

Grao_Conservacion_Promocion2010-201Esta imaxe marca un momento irrepetible na historia da Conservación de Bens Culturais. É o retrato de grupo da primeira promoción do Grao en Conservación da ESCRBCG. A todas elas, unha forte aperta!

_DSC4867Festa da Promoción de 2010
Celebración da primeira promoción do Grao en Conservación de Bens Culturais.
Venres 06/06/2014, ás 19:00 horas no patio da ESCRBCG. Ler o resto desta entrada »

BJqYeRsHaIfQeOX-556x313-croppedAsinar en change.org

Dna. Pilar Rojo,

Os que subscriben a presente, diante do proceso de retroceso que están a padecer as ensinanzas artísticas superiores a causa do tratamento “especial” que veñen sufrindo ao longo da súa historia, e coa finalidade de facilitar a súa converxencia real no Espazo Europeo de Educación Superior e a súa incorporación ao Sistema Español de Ciencia e Tecnoloxía, tal e como establece a lexislación vixente, RECLAMAN das administracións públicas con competencias e responsabilidades en educación, a publicación dunha norma que con carácter xeral estableza os criterios para a adscrición dos centros superiores de ensinanzas artísticas á universidade e que permita que nun período razoable de tempo eses centros se poidan integrar plenamente no sistema universitario, mantendo en todo caso as súas singularidades como ensinanzas artísticas. Ler o resto desta entrada »

Miranda_Belier-300x199Ana Miranda (parlamentaria europea nos anos 2012-2013) comprometeuse coa Asemblea de estudantes a levar á Comisión Europea unha iniciativa para denunciar a discriminación que sofre a ESCRBCG. Ler o resto desta entrada »

UniversidadeXaPresentamos a nova campaña de comunicación da Asemblea de Estudantes da Escola Superior de Conservación. Ler o resto desta entrada »

Alumnos e profesoresCOMUNICADO DA ASEMBLEA DE ESTUDANTES DA ESCOLA SUPERIOR DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN FRONTE Á DIMISIÓN DO EQUIPO DIRECTIVO

O alumnado da ESCRBCG posiciónase fronte á dimisión da directiva dada a coñecer nos últimos días: Ler o resto desta entrada »

cartazO xoves 27/03/2014 ás 12:00h na Peregrina, concentración da ESCRBCG a prol da integración das EEAA na universidade.

Que pedimos @s alumn@s, profesorado e profesionais da Escola de Conservación e Restauracion de Pontevedra? Por que nos estamos mobilizando? Ler o resto desta entrada »

verjaA Consellería de Cultura da Xunta de Galicia vén de contratar dous restauradores universitarios deixando fóra os titulados pola ESCRBCG, centro que depende do goberno galego.

A propia Xunta está a deixar en evidencia a suposta “equivalencia” do Título Superior co de Grao universitario. A seguir, o comunicado de prensa: Ler o resto desta entrada »

ACREA Asociación de Conservadores y Restauradores de España vén de publicar na súa conta de Twitter o audio da IV Asemblea Xeral —> Escoitar (MP3).

Ler o resto desta entrada »

1234748_796519893697023_478136414_nO 16/02/2014 ás 19:00 horas inaugúrase a exposición Temple. Pintura de ovo, que presenta traballos realizados con esta técnica por varias promocións de alumnos da ESCRBC a iniciativa de Carmen Hermo.

ICOMNewsA Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia aparece no nº 66 da publicación ICOM News da man do artigo de F. Carrera Starting at the root. Conservation-restoration studies in Spain call for stronger regulation, que describe a situación irregular dos estudos de Conservación no ensino superior español. Ler o resto desta entrada »

1496127_781181438564202_435523929_oO Castro de Viladonga: tres décadas de conservación e restauración.
Por Carolina Pérez Pérez.
15/01/2014, ás 19:00 h, no Salón de Actos da Facultade de Belas Artes, Pontevedra.

1530471_10201062003499000_903416007_n-1Por iniciativa dos alumnos, o 20/12/2013 foi celebrado un xantar de Nadal no que se sorteou unha cesta de produtos de conservación valorada en máis de 200 €. Ler o resto desta entrada »

visita_ourenseO próximo 13/12/2013, o alumnado da ESCRBC vai de visita ao Museo Arqueolóxico de Ourense.

Plano de actividades do 13/12/2013 (DOCX)