A primeira reunión da asemblea de alumnos foi convocada polas representantes dos estudantes de conservación na Plataforma pola Integración das EAS no Sistema Universitario.

Nas datas próximas ao 17 de outubro de 2012, a Asemblea de estudantes de Conservación participou unitariamente con alumnos da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo nas protestas contra os retallos en educación. Froito desta unión organizáronse manifestacións e celebrouse un peche lúdico-reivindicativo que rachou simbolicamente, e fisicamente durante unha noite, a fronteira existente entre as dúas partes do mesmo edificio.

No ano 2013, a Asemblea convouse a petición dos representantes dos alumnos no Consello Escolar. En dita reunión celebrouse a votación da viaxe de estudos dese curso, na que saíu elexida a proposta de visita de institucións da conservación en Barcelona-Girona.

En outubro de 2013, a actividade asemblear foi en aumento en numerosas accións públicas que foron seguidas pola prensa, entre elas un encerramento de alumnos e profesores na ESCRBC. O cumio das protestas foi o Camiño dos #DefrauGrados, que finalizou en Compostela con reunións entre representantes da Asemblea e dos grupos do Parlamento e coa entrega no Valedor do Pobo dunha solicitude de amparo.